venres, 24 de febreiro de 2017

venres, 11 de novembro de 2016

O CEIP de Castrelo do Val aposta pola Biblioteca como recurso estratéxico


O CEIP de Castrelo do Val aposta pola Biblioteca como recurso estratéxico

Un espazo para ler, escribir e aprender. A Biblioteca Escolar é un servizo facilitador no que se organizan os recursos que se precisan para a aprendizaxe, a adquisición do hábito lector e a formación no uso da información dos estudantes. Debe ser un punto de referencia nos centros dende a cal se organicen actividades para fomentar a lectura e mellorar as diferentes competencias dos estudantes. O equipo de biblioteca escolar do CEIP Castrelo do Val esfórzase en deseñar actividades relacionadas cos contidos curriculares dos diferentes cursos de educación infantil e primaria que contribúan ao desenvolvemento das compentencias básicas establecidas.

xoves, 27 de outubro de 2016

A web do Concello de Verín informa da nosa Guía do estudante (app móbil)


Os alumnos do IES García Barbón contan xa, para este ano lectivo, cunha nova App para dispositivos móbiles. Esta nova ferramenta dixital forma parte dunha tripla guía, que xunto coa súa versión web e o seu equivalente en papel, integran un completo recurso tecnolóxico multiplataforma que busca optimizar o acceso dos alumnos a toda a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.
Esta aplicación, creada para o sistema operativo android, foi deseñada por Carmen Bretaña Quintana, enxeñeira informática e profesora do IES García Barbón, durante o pasado curso 2015/2016 e posto a disposición dos usuarios a principios deste ano lectivo.



venres, 21 de outubro de 2016

A Guía do Estudante (app móvil) do IES García Barbón


No comezo do curso 2016/2017 realizamos un esforzo para elaborar unha Guía do estudante do IES García Barbónque permita posuír a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.
A “triple” guía facilita a información mediante:
Versión webhttp://bit.ly/2cjyqfd
- App móvil (creada pola profesora do noso centro Carmen Bretaña Quintana no curso 2015/2016): https://drive.google.com/file/d/0B1nFTk55SvPyWGt4UDdpWHI1aTQ/view?usp=sharing 
Caderno en papelhttp://bit.ly/2cuhCQJ